Na
actualidade, a variedade de productos de repostería e panadería que
elaboramos en Val de Barcia empeza a ser ampla, e -a veces- a
tentación de esquecernos de facer habitualmente madalenas é grande
(xa sabedes que preparar durante moito tempo as mesmas receitas
remata por non ter ese aliciente do reto que supoñen as cousas que
non dominamos tanto, e chega a ser aburrido).
Pero
o certo é que, en certa maneira, si en algún momento renunciásemos
ás madalenas estaríamos case renegando da nosa orixe como
reposteiros... ou sen case.
A
primeira vez que fomos a un mercado foi a Mercanatura e, obviamente,
iamos para levar os productos da nosa horta, pero sucedeu que
acabábamos de comprar un saco de 5kg de fariña de trigo ecolóxica,
unha bolsa de azucre biolóxico (da cooperativa de san isidro), e
unha garrafa de aceite de xirasol prensado en frío (chamábamoslle
entonces sin saber moi ben porqué aceite de pipa... hoxe en día
seguimos a chamarlle así, e sí sabemos porqué... de ahí a foto de
cabeceira...), e acordóunos preparar unhas cantas ducias de
madalenas...
E
a acollida foi tan flipante que aquí nos tedes hoxe.
Logo
das madalenas “normais” fixémolas recheas das nosas
mermeladas... e a acollida foi ainda máis que flipante, así que
seguimos engadindo os nosos recheos según a tempada... ata que
alguén -xa no mercado entre lusco e fusco- preguntóunos pola
posibilidade de facelas sen gluten e comezamos a facelas con fariña
de arroz, algarroba e trigo moruno... e as “normais” madalenas
voltaron a ser un reto.
O
certo é que á sombra das madalenas foi nacendo a inquietude por
tódalas receitas que facemos hoxe en día, e foi iso (a maiores da
calidade da nosa horta) o que nos abríu o camiño para coñecer e
desfrutar de moitísimos clientes / amigos (máis amigos que
clientes) en diversos lugares da nosa xeografía.
… Caer
na tentación? Nin
de coña
Receita
das nosas madalenas :
Ingredientes:
6 ovos de galiñas felices
250g de azucre biolóxico
250g de aceite de pipa
unha cullerada de bicarbonato sódico
350g de fariña (do tipo que prefira cada un, pero obviamente ecolóxica)
Procedemento:
Batimos
os ovos, o aceite e o azucre durante un par de minutos. Engadímoslle
a fariña da nosa elección misturada có bicarbonato sódico e
mezclamos só o tempo xusto de conseguir unha crema lixeira ( se nos
pasamos misturando e a fariña ten gluten, quedarán duras).
Enchemos
as cápsulas e metemos ao forno (que estará a uns 180º). En teoría
as madalenas estarán listas nuns 12-15 minutos, pero se é a
primeira vez que as facemos, é mellor estar pendente xa que cada
forno ten a súa propia personalidade... non é coña.